miércoles, 11 de abril de 2012

VELLA ESCOLA Cultura Urbana en Galicia


¿Que é Vella Escola?
Vella Escola é unha asociación que traballa no eido do ocio e o tempo libre en Galicia, e que procura, a través da xestión e implementación de Proxectos Sociais e Culturais, promover conductas saudables de ocupación do tempo libre na xuventude.


¿Que fan?

Realizan obradoiros, clases, cursos, espectáculos e xornadas culturais de actividades relacionadas coa Cultura Urbana (breakdance, graffiti, skateboard, beatbox, turntablism (dj), capoeira, rap, slackline...).


  

  

¿Onde realizan as súas actividades?

As actividades que organizan abarcan toda a comunidade galega.


¿Teñen páxina web?

Si, podes visitar a páxina web da asociación na dirección www.vellaescola.com





¿Cantas persoas traballan en Vella Escola?

A día de hoxe, Vella Escola conta cun equipo de traballo de 23 persoas, das cales 16 son os encargados de impartir as actividades, 3 de coordinalas, 2 de elaborar os proxectos e 2 da imaxe e difusión.


¿Teñen experiencia na organización de eventos culturais?

Vella Escola participou en máis de 50 eventos culturais e colaborou con 15 concellos galegos dende  o inicio da súa actividade a finais de 2009.

Proxectos sociais en Santiago de Compostela (programa "Alternativa Activa" para combater o Botellón), Noia (programa de ocio saudable no verán "Summer Street Campus") e Monforte de Lemos (programa de ocio alternativo a través da cultura "Participación Xuvenil na Cultura Urbana").

Xornadas e obradoiros culturais en Noia, Rianxo, Ribeira, Padrón, Ames, Santiago, Fene, Ferrol, A Coruña, As Pontes, Arzúa, Ponteareas, Portas e Pontevedra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario